18 agosto 2017
« Voltar

A Asociación de Empresarios de Redondela é unha organización creada no ano 1986 por un grupo de empresarios que ten coma obxectivo o impulso da actividade empresarial e o desenvolvemento económico e social do concello de Redondela.

Actualmente aglutina a un colectivo de máis de 400 empresas de distintos sectores e actividades. O obxectivo estratéxico da Asociación é converter a Redondela nun centro de crecemento económico fomentando a especialización dos distintos sectores produtivos. Nesta liña aspira, en colaboración cós demais axentes socias, ao desenvolvemento e planificación dun urbanismo de calidade e a mellora das infraestruturas e comunicacións; a impulsar a oferta do comercio local e facelo mais competitivo coa posta en marcha e desenvolvemento do Centro Comercial Aberto; desenvolver un turismo de calidade durante todo o ano baseado nos atractivos do concello e da súa área de influencia e a desenvolver un tecido industrial con dotacións axeitadas identidade propia a nivel nacional e internacional.

Pero ademáis, a AER preocúpase polo emprego, a cultura, a lingua, por elo colabora con proxectos sociais e culturais no seu entorno.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela
Axudas e Subvencións Cursos
Formación

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia