
Benvidos á páxina web da Asociación de Empresarios de Redondela.
Como presidente da Asociación de Empresarios de Redondela, quero darvos a benvida a este espazo da nosa asociación en Internet a través do cal buscamos mellorar e achegar os servizos que prestamos tanto aos asociados como a cidadanía en xeral. Queremos que este espazo sexa un punto de encontro, información e debate para todos.
Tras unha traxectoria de máis de 20 anos, hoxe a Asociación de Empresarios de Redondela conta con máis de 400 empresas asociadas polas cales estamos a desenvolver proxectos nos distintos sectores produtivos: comercial, turístico e industrial. Redondela conta con recursos que permiten traballar por un modelo de desenvolvemento sostible baseado na complementariedade destes tres sectores, polo que facemos unha aposta decidida a traballar por todos eles.
Confiando que os contidos desta web lle sexa de utilidade e co propósito de mellor cada día os nosos servizos, quedamos a súa disposición para recoller as súas propostas, dúbidas ou suxestións.
Sen outro particular, reciba un cordial saúdo.