
O diagnóstico do núcleo urbano central de Redondela que aposta por un Centro Comercial Aberto, como estratexia de dinamización basease unha relación de complementariedade, como principio básico de desenvolvemento sostible entre as distintas zonas comerciais referenciadas.
Ademais, dito estudio definiu un conxunto de accións, en todas as áreas de actuación planificadas nun horizonte temporal de 3 anos, dando prioridade a implantación das accións do Plan de Evolución o CCA no núcleo urbano central do concello.
Hoxe, o núcleo central urbano de Redondela, ámbito de actuación do CCA, conta, entre outras coas seguintes características:
Nembargantes, as outras dúas áreas comerciais analizadas no estudio, Chapela e Cesantes presentan situacións moi dispares.
O comercio e servizos de Chapela, pola súa parte, cumpren unha función de abastecemento básico a súa poboación residente, un colectivo duns 9.000 habitantes. Seccionada pola Atopista A9 en dous núcleos poboacionais principais, o peso comercial localizase no subnúcleo de Chapela de Abaixo. Chapela conta con unha concentración comercial de aproximadamente 150 establecementos achegando un porcentaxe de asociacionismo próximo o 30%. Os establecementos comerciais distribúense principalmente de forma lonxitudinal o longo dos eixos das Avenidas que a atravesan. Conta con un mercado de Abastos e un Centro de Saúde entre outros servizos, aínda que con barreiras de integración moi significativas.
Pola súa banda, Cesantes, con potencial turístico e de residencia, con atractivos tan destacados como a Illa de San Simón, a praia e o seu entorno natural, conta con un núcleo comercial configurado por uns 70 establecementos que teñen como área de atracción a poboación da propia parroquia de Cesantes (3.000 hab) que elixe mercar en Cesantes por proximidade e trato. O porcentaxe de asociados achegase o 25%.