10 setembro 2010
« Voltar

Campañas/Eventos

Animarúa volta con motivo do día das Letras Galegas (2007)

“Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón”
Rosalía de Castro

Con motivo da celebración do día das letras Galegas a Asociación de Empresarios de Redondela, coa colaboración da Concellalía de Cultura e a de Normalización Lingüística, ofreceu a posibilidade de ler un libro en calquera recuncho da Vila. Decenas e decenas de libros espallados por bancos de prazas e rúa de toda Redondela situados sobre un cómodo coxín invitaban a lectura en galego a todos os transeúntes.
Ademais, para que pequenos e grandes puideran compartir a lectura crearon un gran espazo único na rúa no que sobre unha enorme alfombra e uns mullidos coxíns tiñan a súa disposición unha gran variedade de libros en galego. Os mais pequenos foron os que máis desfrutaron desta iniciativa.
Un ano mais, tras o éxito do pasado ano as estatuas vivintes de escritores galegos estiveron nas rúas de Redondela. Esta singular oferta de ocio cultural desfrutada por todos tamén se lle engadiu a representación da obra “Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón”.

Quero asociarme

Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarjeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Cofinanciado por: Deputación de Pontevedra