Na maña de hoxe, na sede da Asociación de Empresarios de Redondela, levouse a cabo a entrega dos vales de 250€ aos gañadores do sorteo da campaña de Nadal. Os premiados foron os seguintes:
• Carmen Barciela compras efectuadas en Casalaranxa
• Álvaro Fernández Fernández compras efectuadas en Fimar
• Ramón López compras efectuadas en Vinoteca A Cova
• Elisa Fernández compras efectuadas en Ana Pousadouro
Os premiados terán ata o vindeiro 1 de febreiro para facer uso do seu vale no Comercio de Redondela.