Os comercios de Redondela está a felicitar as nais mediante a entrega de miles de agasallos con motivo da celebración do día da nai o vindeiro domingo.
Esta iniciativa, posta en marcha pola Asociación de Empresarios tivo unha gran acollida por parte do comercio local que un ano máis está a sorprender aos seus clientes .
Nesta ocasión un bonito set de velas perfumadas serán o agasallo que recibirán miles de nais por facer as súas compras no comercio local. O venres e sábado, días previos a celebración do día da nai son as datas nas que esta campaña terá unha maior repercusión.