A Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha un novo proxecto de animación lúdico-comercial denominado “Animarúa”. Animarúa nace ca filosofía de dinamizar e impulsar o Centro Comercial Aberto de Redondela no que se tratará de conxugar o binomio compra-ocio no Comercio de Redondela.
Animarúa contará con un divertido e entretido programa de actuación e espectáculos nas rúas e prazas de Redondela.
Este sábado 2 de setembro a partir das 18 horas serán actividades circenses as que animarán o Centro Comercial Aberto de Redondela. Serán as distintas prazas da vila os escenarios destas actividades. A Praza de Ribadavia marcará o inicio de Animarúa dende as 18 horas e será o malabarista Peter Punk o que inicie esta programación coas súas demostracións de habilidades. A partir das 19 horas a diversión trasládase á Praza de Santiago con Dj Capuzzi e xa as 20 horas será o pallaso Popin que se encargue de sacar sonrisas os presentes na praza da Constitución.
O ciclo de animación Animarúa durará todo o mes de setembro e contará con espectáculos de maxia, obradoiros infantís, xuvenís e de adultos, monólogos entre outras actividades.