Asociación de Empresarios de Redondela xunto co Concello de Redondela a través da súa Concellería de Cultura, presentaron no día de hoxe, luns 15 de maio, no Convento de Vilavella a súa programación de actividades adicadas a conmemorar o Día das Letras Galegas. Durante toda esta semana, se levarán a cabo diversas actividades co fin de promocionar e dinamizar o comercio e hostalaría de Redondela.
Durante toda esta semana o comercio de Redondela participará dun concurso de escaparatismo, todos aqueles asociados que así o desexaron participaran nun concurso de escaparatismo onde o tema central será o libro galego, os escaparates do Comercio de Redondela estarán expostos con diversos libros galegos, entre todos aqueles participantes, haberá premios para os mellores con importes que van dende os 600€ do primeiro premio ata os 200€ do terceiro premio.
Outra das actividades estará adicada á Hostalaría de Redondela, durante toda a semana das letras Galegas a Hostalaría de Redondela levará a cabo a campaña “Xantares Galegos”, en cada establecemento hostaleiro estarán diversos viños etiquetados en galegos así coma unha guía de receitas galegas realizadas na Hostalaría de Redondela.
O día 17 de maio realizarase a Feira do libro Galego na Praza do Concello onde participarán as librerías de Redondela, así mesmo durante ese día levarase a cabo unha sinatura de libros por parte dos escritores redondeláns Manuel Barros e Xosé A. Xesteira.
Por último o 19 e 20 de maio polas rúas de Redondela estarán presentes diferentes estatuas viventes que representarán a diversos escritores da cultura galega entre outros estarán representados Castelao, Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro.