CARTEL-PAI19-TZ.jpg

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA PON EN MARCHA O CONCURSO “DESEÑA UNHA CHAPA PARA PAPÁ”


A Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha un singular debuxo destinado a por en marcha a creatividade dos máis pequenos. Aínda que o concurso non establece límite de idade a promoción e distribución dos folletos para participar está a realizarse entre os nenos e nenas.

 

Unha vez recibidas todas os deseños a Asociación encargarase de transformalas en chapas de 55mm que exporá nos distintos escaparates dos comercios de toda Redondela. Os coles de Chapela exporanse preferentemente nos escaparates desta localidade e os do resto de colexios nos comercios da vila de Redondela.

 

O concurso “Deseña a túa propia Chapa para Papá” pretende estreitar a relación das familias co tecido comercial da vila facendo participes a ambas partes, e enmárcase dentro das accións de dinamización do pequeño comercio local xestionado pola Asociación e financiado pola Xunta de Galicia.

 

O concurso non outorgará ningún premio especial a mellor chapa, senon que o traballo de cada neno ou nena será a súa propia recompensa, e o agradecemento do pai ou persona a que queira agasallar coa chapa o premio ao seu esforzo.

 

Dende o 12 ao 19 de marzo as Chapas serán expostas nos establecemento e cada neno ou nena unha vez localizada a súa chapa poderá solicitar que se lle entregue de foma totalmente gratuíta.

 

Os formularios de participación tamén poden descargarse en:

https://www.facebook.com/asociaciondeempresariosderedondela/

https://www.instagram.com/empresariosredondela/