DSCN5640.jpg

PRESENTACIÓN DA FEIRA ANUAL DE OPORTUNIDADES

A Asociación de Empresarios de Redondela organiza a X Edición da Feira Anual de Oportunidades.

A X Edición da Feira anual de Oportunidades apostará pola peonalización dás rúas do núcleo urbano, estableceranse e sinalizaranse accesos alternativos e ampliarase as prazas de estacionamento nas entradas á Vila.

Comercios de Redondela e Chapela daranse cita na feira que, na súa décima edición, segue a amosar a plena vixencia de este formato de promoción dos pequenos negocios locais. En torno a 50 establecementos participarán nesta edición na feira. 


O carácter anual da feira fará confluír excedentes de mercadoría de todas as temporadas, ás últimas oportunidades do verán o os remanentes da tempada de inverno conforman a ZONA OUTLET da feira. Como novidade a sección infantil da feira darase cita na Praza do Concello onde poderemos atopar a maior parte da oferta de roupa, accesorios, complementos e xoguetes infantís.
 


A zona gastronómica tamén terá un protagonismo destacado nesta feira. O emprazamento será a Praza da Constitución, e contará con actuacións musicais en vivo e obradoiros de cociña para o público infantil, xogos e unha actuación especial SESIÓN VERMÚ a cargo do grupo LA CHATA SOUL o sábado 28 ás 13:30h.
O domingo tamén poderemos gozar das interpretacións musicais  da Banda Municipal de Música de Redondela en SESIÓN DE TARDE.



 A feira celebrarase o sábado 28 de 10:00 a 22:00h e o domingo de 11:00 a 21:00h.


As zonas de xogos infantís, presentes ao longo de todo o percorrido da feira, serán gratuítas e haberá distintos obradoiros como o de bolsas, dirixido aos nenos e nenas, no que  poderán personalizar as súas bolsas para ir de compras pola Feira. A zona gastronómica contará tamén cun taller de cociña.



Asociación de Empresarios e Concello de Redondela suman forzas na posta en marcha da décima edición da Feira anual de Oportunidades que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.