A Asociación de Empresarios de Redondela é unha entidade sen ánimo de lucro que dende hai máis de 5 anos adícase entre outros moitos temas á Formación Ocupacional.
Os resultados obtidos neste tipo de formación son moi satisfactorios debido non só o aumento de formación dos demandantes de emprego senón tamén a mellora da súa empregabilidade.
Para poder asistir a estes cursos o único requisito que tes que cumprir é o de estar desempregado/a e inscrito/a no Servizo Público de Emprego e, por suposto, estar interesado/a na temática do curso.
Podes facernos chegar a túa solicitude de cursos cubrindo o cuestionario que aparece a continuación e porémonos en contacto contigo.