10 setembro 2010
« Voltar

Turismo

Historia de Redondela

Casa do Concello

Moitos viaxeiros do ferrocarril non puideron sustraerse ao encanto de Redondela dende o aire: Otero Pedraio, o doutor portugués José Fialho de Almeida, a aventurera británica Annette Meakin, a antropóloga estadounidense Ruth Matilda Andersen. Todos eles chegaron á vila polos camiños de ferro que cruzan o seu teito.

Estamos en Redondela. Un pobo encaixado xusto ao final da Ría de Vigo. Coñécese tamén como a vila dos viaductos.

E é o traqueteo dos trens que a sobrevoan o que lle confire un aire de nostálxico romanticismo.

Aquí, as formas, tanto as xestadas pola natureza como as trazadas polo home, foron caprichosas. Pero Redondela pode alardear ademais de ser unha das poboacións máis antigas da provincia pontevedresa. Polo menos así o testemuñan a súa tipoloxía urbanística e o seu rico patrimonio. E é que as súas rúas, prazas, pazos... ou mesmo as igrexas como a de Cedeira, obra de Casas Novoa, o artífice da fachada da catedral do Obradoiro, animan ao máis grato paseo. Paseo no que sen dúbida non deixaremos de visitar a Casa da Torre, que como xa vimos, acolle o albergue de peregrinos.
Pero a Redondela que coñecen os seus amantes ten aspectos ben concretados no destacable, no exótico. O porto, a praia de Cesantes, a illa de San Simón... Oxalá se puidese expresar a súa beleza con palabras pero resulta imposible.
As súas augas tranquilas acollen pequenos portos de mariñeiros artesanais como este. É o reino do choco, que como é o prato estrela da gastronomía redondelana. Ademais, fronte aos seus arenales, esténdense os ricos bancos marisqueros.
A nosa visión é privilexiada, desde aquí pódese gozar dunha vista xeral deste gran recuncho, coa ensenada de San Simón en primeiro plano, a ponte de Rande a media distancia e o final da ría ao fondo.

E vistas como estas se poden ter en calquera atardecer do ano, cando ver unha posta de sol desde a praia é unha das máis belas escenas.
Pero a vila dos viaductos é o sinal de identidade máis coñecida de Redondela e, polo tanto, a estampa máis recoñecida e máis pintoresca.

Quero asociarme

Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarjeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Cofinanciado por: Deputación de Pontevedra