FESTA DO CORPUS CHRISTI DE REDONDELA
Festa relixiosa
Domingo de Corpus
A festa do Corpus de Redondela caracterízase pola rememoración que se fai da gran fazaña levada a cabo polos mozos do lugar, que venceron ao dragón (Coca) que atemorizaba á poboación, por iso a Festa do Corpus de Redondela coñecese como Festa da Coca. Como elemento característico é necesario destacar a tradicional Danza das Espadas e o Baile das Penlas.
FESTA DA COCA
Festa tradicional
Xoves do Corpus
Celebración na que se escenifican tres diferentes tradicións xurdidas dunha mesma lenda:
- A festa da Coca representa a persecución e derrota por parte dos mozos de Redondela a un temible dragón
- A danza das Espadas simboliza a celebración dos mozos, coas súas espadas en alto trala derrota do dragón
- As Penlas rememora a ledicia das mulleres, que comenzaron a bailar cos seus nenos sobre os ombreiros.
FESTA DA ORELLA
Festa gastronómica
3 de decembro
Redondela, Alfonso Xll, 2.
Festa gastronómica dedicada ás orellas. A partir das 11 da mañá se repartirán 3600 rracións de orella que se poderán degustar durante toda a xornada. A festa estará acompañada de música e amenizada por humoristas.
FESTA DA MAZÁ
Festa gastronómica
1º domingo de octubre
Parroquia San Esteban de Negros
Festa de exaltación deste fruto típico do outono. A Festa da mazá ten lugar na parroquia de San Esteban de Negros e ten como protagonista a unha froita que permite a creación de múltiples pratos salgados, fríos ou doces: bacalao con mazá, chourizos á sidra, xamón con mazá, etc. Ademáis da degustación durante a xornada ten lugar un concurso de postres realizados con mazás e actividades lúdicas e musicais.
FESTA DO MARIÑEIRO
Festa tradicional
Na parroquia de Cesantes, festa de homenaxe aos mariñeiros.
FESTA DO MEXILÓN
Festa gastronómica
Segunda semana de setembro
Parroquia Chapela
A parroquia de Chapela organiza todos os anos esta festa de degustación do mexillón.
FESTA DO CHOCO
Festa gastronómica
2º domingo de maio
Campo da Feria. Alfonso XII, 2. Tlf: 986 400 30
XX edición da Festa do Choco coa empanada como protagonista de concursos e degustacións. Concurso gastronómico de recetas orixinais, o sábado de empanadas tanto de fariña de trigo como de maiz e o domingo os mellores pratos con choco, chocos na súa tinta e variantes, con arroz,... Degustación popular e música de grupos folclóricos e orquestras.
FESTA DOS “FACHOS”
Festa tradicional
21 de xuño
Parroquia O Viso
- Celebración do Solsticio de Verán.
- Reunión a medianoite ó pe do Monte A Peneda para subir á cima.
- Os romeros portan “fachos” (enormes antorchas encendidas visibles dende calquer rincón do municipio).
- Na cima se prende unha enorme fogueira cos fachos e se prepara unha queimada.
FESTA DE SAN BLAS
Festa patronal
3 de febreiro
Parroquia O Viso
- Festas en honor ao patrón de O Viso.
- “Carro das Burras”: carro tradicional que, acompañado de unha banda de gaitas, reparte entre os veciños un aperitivo a base de pan de maíz, rosquillas e viño.
FESTA DOS “MAIOS”
Festa tradicional
1 de maio
- Festa de benvida a primaveira.
- “Maio”: estrutura de madeira de forma cónica recuberta de camelias, mimosas, hinojo, ovos e laranxas.
- Os maios se distribúen polas distintas prazas da vila. a tradición consiste en visitalos e escoitar as coplas satíricas que os acompañan.