CONVENIO ABANCA-AER.jpg

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA ASINA UN NOVO CONVENIO CON ABANCA

ABANCA E OS EMPRESARIOS DE REDONDELA ATOPAN NOVAS FÓRMULAS PARA IMPULSAR OS PROXECTOS LOCAIS

§  O acordo pon a disposición deste colectivo numerosas opcións de crédito, grazas a produtos propios e convenios con organismos públicos

§  Os asociados tamén poderán beneficiarse do Programa Cero Comisións ou o servizo de financiamento instantáneo APRAZOS.

01.02.2019. ABANCA e a Asociación de Empresarios de Redondela acaban de renovar a súa colaboración en materia financeira, co obxectivo posto en mellorar o acceso ao crédito dos autónomos e pemes desta localidade pontevedresa.

O presidente da Asociación de Empresarios de Redondela, Enrique Lago, e a directora de zona en Morrazo/Redondela de ABANCA, Ángela Rodríguez, rubricaron hoxe un acordo na sede da asociación que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial da provincia.

O convenio recolle unha ampla e competitiva oferta de produtos deseñados para facilitar o financiamento, entre os que destacan préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen xuros ou comisións. O texto asinado tamén recolle outras opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto.

Así mesmo, para facilitar a competitividade dos asociados, os clientes terán a súa disposición o servizo de financiamento no punto de venta de ABANCA, o chamado APRAZOS. Grazas a este servizo pódense financiar as compras de forma rápida, sinxela e económica.

O protocolo tamén recolle unha oferta mellorada para a contratación de TPV (Terminais Punto de Venda) da entidade e Bonos que permiten que os negocios paguen unha cantidade fixa todos os meses, incluíndo un volume de vendas pactado que se corresponde co que os comercios estiman facturar anualmente a través do TPV.

Desde as oficinas de ABANCA tamén facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento do Plan Activamos, unha iniciativa conxunta entre o banco e a Deputación de Pontevedra que inclúe liñas de crédito a intereses baixos para facilitar o emprendemento, os novos investimentos, a creación de emprego ou actuacións de mellora enerxética das pemes e os autónomos da provincia.

Do mesmo xeito, os empresarios pertencentes a esta asociación poderán desfrutar das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos. ABANCA está adherida á liña de convenio ‘Empresas e Emprendedores’ co ICO, mediante o cal as empresas poderán dispoñer de recursos financeiros para acometer os seus proxectos de investimento e cubrir as súas necesidades de liquidez no ámbito doméstico. Tamén poderán gozar das vantaxes do acordo do banco coa sociedade galega de garantía recíproca Sogarpo.

Así mesmo, os comerciantes adheridos poderán beneficiarse das vantaxes do Programa Cero Comisións de  ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais. ABANCA poñerá ademais a disposición da asociación o seu servizo de banca electrónica.

O acordo incluso permite que aqueles empresarios que estean a pensar ampliar o seu negocio á venda por Internet poidan gozar dun desconto do 20% na creación dunha tenda  online, grazas a un acordo de ABANCA coa empresa Palbin.

Doutra banda, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta aos asociados e dar unha atención máis personalizada a este colectivo, o banco poñerá á súa disposición persoal especializado en xestión de seguros, quen informará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada asociado.

A Asociación de Empresarios de Redondela agrupa os intereses de comerciantes e empresarios desta localidade pontevedresa, que exercen a súa actividade nunha ampla representación de sectores estratéxicos. Doutra banda, ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

Etiquetado como #Redondela #empresas