18 agosto 2017
« Voltar

PEQUENOS COMERCIOS, GRANDES VALORES

30 decembro 2016

 Material Relacionado 

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA CULMINA O ANO CASTELAO, IMPULSADO POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, CUNHA CAMPAÑA DE MENSAXES EN GALEGO PARA POR EN VALOR Ó PEQUENO COMERCIO

No marco do programa de dinamización do galego no ámbito comercial e socioeconómico, financiado pola Deputación de Pontevedra "ANO CASTELAO", a Asociación de Empresarios ven de desenvolver a campaña #pequenos comercios grandes valores. A campaña trata de por en valor ao pequeno comercio a través de mensaxes que se plasman en bolsas para o comercio, miniservis para a hostalaría e outros materiais que fan que estas mensaxes se perpetúen no tempo e se divulgan entre a clientela.

As mensaxes foron desenvoltas en forma de definición empregando palabras cunha significativa singularidade lingüística e a súa vez buscando unha definición en clave comercial. As mensaxes son:

#AGARIMO: tratamento que recibes no pequeno comercio.
#PROFESIONALIDADE: competencia do persoal que te atende no pequeno comercio.
#PROXIMIDADE: sensación de veciñanza que sentes no pequeno comercio.
#PETISCO: agasallo para o padal que che poñen no bar de sempre.
#FARTURA: sensación de saciedade tras xantar no teu restaurante favorito.
#ALICERES: os que forman os pequenos negocios da túa vila respecto da economía local.

A campaña quere facer partícipes a comerciantes e clientes polo que se complementa con accións participativas. Pola súa banda os comerciantes deberán fotografarse nos seus comercios xunto cos seus empregados ou persoas que lle axudan a levar adiante o seu negocio. Todas as fotos recibidas formarán parte dun video de presentación que lembrará para sempre as mensaxes e aos seus protagonistas.

E por outra banda, a clientela terá ocasión de realzar os valores do pequeno comercio expresando as súas motivacións para elixir os comercios locais para facer as súas compras.

A clientela que participe neste concurso terá como premio vales de compra para mercar no comercio local e poderá facelo de dúas formas: offline, cubrindo uns folletos que atopará nos comercios. Deberá cubrir o nome dun comercio e o motivo polo que lle gusta mercar nel, e a outra forma de participación é on-line, neste caso deberá subirse unha foto ou selfie no interior dun establecemento ou na fachada de forma que se identifique de qué comercio se trata xunto unha frase que exprese por qué lle gusta ese comercio.

Aínda que a campaña leva asociada a palabra comercio, entendemos como tal todos os establecementos sexan tendas, bares, perruquerías, autoescolas, é dicir, todos os negocios locais.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia