18 agosto 2017
« Voltar

O RESTAURANTE CASA MUCHA FOI O GAÑADOR DA 6ª EDICIÓN DA RUTA DO PINCHO DE REDONDELA.

23 maio 2017

Na tarde de onte puxemos o punto final a VI Ruta do Pincho de Redondela coa
entrega de premios ao establecementos e clientes. O primeiro premio ao pincho
mellor valorado pola clientela nesta edición 2017 foi para o RESTAURANTE CASA MUCHA. No acto de
entrega de premios tamén foron distinguidos os seis primeiros clasificados:
Restaurante Casa Rei, Restaurante Casa Consejo, Don Vinarius, Tapería O Timón e
Restaurante Lemos. Os premios para os clientes que participaron nesta ruta
foron para: 1º premio, Beatriz Blanco Lago; 2º premio, Victor Novelle Couñago e
3º premio, Jorge Suárez Álvarez.



 



O balance desta edición 2017 foi extraordinariamente positivo chegando en
moitos establecementos a duplicarse o número de pincho servidos respecto do ano
anterior. Así o manifestaron moitos dos establecementos participantes nesta 6ª
edición. Unha estimación de 20.000 pichos en 10 días servidos por 30
establecementos fainos falar dunha actividade consolidada e que mostra ao
cliente as rutas de petiscos das que poderá gozar durante toda a tempada
estival. O centro urbano de Redondela é a Praia de Arealonga foron as zonas que
rexistraron unha maior afluencia de público chegando a escotar existencias sobre
todo nas fin de semana. Os establecementos que participaron por primeira vez
nesta edición puxeron de manifesto a extraordinaria oportunidade que lle supuxo
para darse a coñecer, especialmente aqueles de recente apertura.



 



Parabéns a todos os premiados! Esperámosvos na próxima edición 2018!

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia