21 outubro 2017
« Voltar

“CADEIRAS NA RÚA” É UNHA INICIATIVA QUE PON O ACENTO NO VALOR RELACIONAL DO PEQUENO COMERCIO.

14 xuño 2017

 Material Relacionado 
  • (JPG - 344 Kb)
  • (JPG - 355 Kb)

A véspera do día de Corpus é unha longa noite en Redondela que se vive con
paixón e que gozan dende os máis pequeno, desexosos de que os maiores lles
deixen estar ata altas horas da madrugada na rúa, como polos máis vellos do
lugar que son quen de transmitir o seu bo facer neste formidable arte floral de
elaboración das alfombras.



 O comercio da Vila, sensible as tradicións vive coa cidadanía esta
celebración pero por vez primeira queren contribuír a esta celebración colocando
sillas de cortesía nas rúas para que a cidadanía goce dos espazos públicos, das
rúas e prazas nas que se elaboran as alfombras e propiciar momentos de
descanso, de charla e de lecer. Os comercios contribuirán a dar mais vida ás
rúas como xa o fan durante todo o día, e a diario, ampliando, en esta xornada,
o horario comercial habitual. As cadeiras de cortesía que se colocarán nas rúas
identificaranse cun lazo branco e unha flor.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia