22 novembro 2017
« Voltar

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DA FEIRA ANUAL DE OPORTUNIDADES

6 setembro 2017

A FEIRA CELEBRARASE O VINDEIRO SÁBADO 16 E DOMINGO 17 DE SETEMBRO NA ALAMEDA DE REDONDELA.

O comercio de Redondela trasladarase a Alameda de Redondela para liquidar toda a mercadoría das pasadas campañas. Está formula permite ao comerciante renovar totalmente a súa mercadoría e presentar ano a ano novas temporada totalmente renovadas e a clientela acceder ás mellores marcas e produtos aos mellores prezos. Os prezos outlet so estarán dispoñibles durante o sábado e domingo nunha oportunidade única para adquirir as últimas existencias da tempada.

 

Nesta edición a limitacións de stands obrigou a restrinxir o número de participantes e serán 43 os establecementos con presencia na Feira, noutras edicións se tiñan superado o medio centenar de participantes. Moda, complementos e calzado representan o  60% dos postos da feira pero a variedade de produtos que nos podemos atopar é moi importante. Por primeira vez contarase con vehículos de ocasión na feira e se incorporan novas actividades con innovadores produtos no eido da eficiencia enerxética e as novas tecnoloxías. Fogar, decoración, agasallos, xardinería e incuso viaxes son algúns dos produtos que poderemos atopar nesta feira que o comercio vive como a o seu particular encontro anual no que queren por en valor o papel que o pequeno comercio xoga nas pequenas vilas e cidades.

 

A feira este ano presentará novidades en canto as actividades complementarias que se desenvolven durante a Feira: actuacións musicais en directo, zonas de degustación, xogos, talleres e moitas actividades que permitirán que as compras se transformen nunha alternativa de ocio para comerciantes e clientela.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia