22 abril 2018
« Voltar

RASCAS CON CENTOS DE PREMIOS DIRECTOS E UN GRAN SORTEO FINAL CON VALES DE COMPRA DE ATA 1.000€.

19 decembro 2017

A Asociación de Empresarios de Redondela coordina sendas
campañas de premios en Redondela e Chapela. As campañas terán unha duración de
tres semanas ata o 6 de Xaneiro e na que os clientes do comercio local
recibirán rascas polas súas compras con centos de premios directos en cada
establecemento o un gran sorteo final por partida dobre xa que un terá lugar en
Redondela e outro en Chapela. Todos os comercios e establecementos de
hostalaría que se sumen a esta campaña terán como obsequio lotes de material
comercial como bolsas e outros elementos de packaging navideño, para os
comercios e miniservis, para a hostalaría.



A campaña comprende tamén accións de decoración común
para os establecementos asociados aínda que convidamos a todos os locais da
vila a seguir esta mesma estética consistente nunha alfombra vermella e dúas
ponsettias, unha a cada lado da porta ou fachada comercial. Esta tradicional
planta de Nadal distribuída pola Asociación é 100% local xa que foi criada un
viveiro da localidade de Redondela o que lle confire unha maior resistencia e
intensidade de cor.

A animación de rúa contará este ano como protagonista a
Papa Noel que se paseará pola vila de Redondela nun flamante
FORD METEOR convertible
de cor vermello
. Coa colaboración dos comercios asociados instalaranse
distintos Tronos para recibir a visita de Papa Noel nos que irase parando ao
longo de toda a tarde. A visita de Papa Noel será o venres 22 e o sábado 23 en
horario de 17:30-20:30h e visitará todos os recunchos da vila estando previsto
que os comerciantes de Vilavella os reciban na rúa Salgueiral, os comerciantes
de Reveriano Soutullo e rúas anexa o recibirán na praza deste mesmo nome, a
Praza de Alejandro Otero e os comerciantes da Rúa General Rubín o recibirán ao
pe desta mesma rúa. Papa Noel espera poder recibir a todos os nenos da vila e
anuncia que virá cargado con caramelos e globos que graza a xenerosa
colaboración de Abanca e a Asociación de Empresarios.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia