17 agosto 2018
« Voltar

VII RUTA GASTRONÓMICA DO PINCHO DE REDONDELA

12 abril 2018

 Material Relacionado 
  • (JPG - 2142 Kb)
  • (JPG - 2162 Kb)
  • (JPG - 2452 Kb)
  • (JPG - 1198 Kb)
  • (JPG - 2405 Kb)

DO 20 AO 30 DE ABRIL TERÁ LUGAR A RUTA DO PINCHO DE REDONDELA CON 28 NOVAS PROPOSTAS PARA DEGUSTAR.

A hostalaría
de Redondela embarcase durante 11 días nun novo reto gastronómico, presentando
28 novos pichos na sétima edición do concurso de Pinchos de Redondela.



Nesta edición
son 28 o número total de locais participantes. Unha decena de este establecementos
veñen participando dende a primeira edición que ten incorporado participantes
de forma progresiva ata acadar participantes de todos os recunchos do concello
de Redondela. A ruta urbana é un clásico pero a ruta polo rural é as praias da
Vila permiten á clientela gozar de novos espazos gastronómicos.



Unha aspecto novidoso que presenta esta
edición é a posibilidade de realizar rutas
gastronómicas guiadas
nas que non se poderanse degustar os pinchos senón
tamén percorrer e coñecer os lugares de interese turístico e cultural da vila
acompañados por unha guía. O prezo de 15€ por ruta inclúe as degustacións dos
pinchos e o sorteo de un botellón de Altos de Torona ao final de cada
percorrido.



A
participación da hostalaría non é asumida como unha competición senón como un
reto conxunto capaz de dar á clientela unha oferta variada e atractiva e que
contribúa a facer visible a gran cantidade e variedade de establecementos
hostaleiros que existen en Redondela.



Cada
establecemento presenta a concurso unha única tapa, a o prezo de 2,75€ coa
consumición incluída na promoción. Os pinchos sen consumición son á 1,50€.



O público
será de novo o gran xuíz deste concurso quen por puntuar os pinchos poderá
gañar premios estancias en hoteis, casas rurais ou pazos e sesión se spa.



 



 

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia