A Praza de Abastos de Redondela está situada no Centro Comercial Aberto de Redondela e actúa como eixo da actividade económica, tanto de Redondela como dos municipios de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Soutomaior e incluso das parroquias limítrofes do concello de Mos que carecen deste servizo.
O Mercado Municipal de Abastos de Redondela está aberto de luns a sábado en horario de 8:00 a 15:00 horas e tamén permanece aberto os festivos e domingos que coinciden cos días de feira, que en Redondela son os días 6 e 21 de cada mes.
O Mercado municipal de Redondela ten a disposición dos usuarios un total de 44 postos de venda que se distribúen en:
Aquí atoparás a información máis destacada dos principais postos de venda do Mercado Municipal de Redondela.