21 outubro 2017
« Voltar

SUBVENCIÓN PARA A MODERNIZACIÓN NOVAS FORMULAS Y MEDIOS DE COMERCIALIZACIÓN NO SECTOR RETALLISTA

11 agosto 2014

 Material Relacionado 
  • DOGA (PDF - 1299 Kb)

Esta subvención ten por obxecto aprobar as bases para a concesión de subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.


  • Conceptos subvencionables:

Para os comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais:

  1. Ferramentas que melloren a xestión do establecemento/obradoiro e o deseño dos seus productos, e que non fosen utilizados polo establecemento/obradoiro con anterioridade.
  2. Desenvolvemento e implantación de novos sistemas de packaging e etiquetaxe, dirixido a mellorar loxística e a comercialización do producto.
  3. Novos sistemas de comercialización  que combinen o comercio online e offline, poñendo á disposición dos clientes recursos tecnolóxicos.
  4. Novos sistemas de comercialización ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda.
Ten un porcentaxe subvencionable: 70 %

  • Beneficiarios/as: As persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que en todos os casos cumprirán os seguintes requisitos:
  1. Comerciantes retallistas, que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na Comunidade Autónoma.
  2. Tendo a condición de peme empreguen menos de dez traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial.

  • Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 1 de Setembro de 2014.



Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia