27 xuño 2017
« Voltar

SUBVENCIÓN PARA FOMENTAR A REMUDA COMERCIAL

11 agosto 2014

 Material Relacionado 
  • DOGA (PDF - 792 Kb)

Esta subvención ten por obxecto facilitar a remuda comercial dos pequenos comerciantes individuais autónomos que transmitan o seu negocio a un terceiro, asegurando a súa continuidade e fomentando a rexeneración do tecido comercial.


  • Beneficiarios/as: Comerciantes retallistas que teñan capacidade legal para exerceren o comercio e se dediquen a el de xeito habitual, de acordo coa definición establecida no artigo 1 do Código de Comercio, que cumpran os seguintes requisitos.

  1. Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.
  2. Ter unha idade mínima de 64 anos cumpridos nada data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

  • Contías da subvención:

  1. Os transmisores que tenñan a idade ordinaria para causar a pensión de xubilación percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comerciais que posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñeran desenvolvendo, que se fixa na cantidade de setecentos euros.
  2. Os transmisores que non teñan acadada a idade ordinaria de xubilación percibirán un pagamento único, con independecia do número de establecementos comerciais que se viñeran desenvolvendo, a razón de setecentos euros mensuais ata o último mes en que cumpran a idade ordinaria de xubilación legalmente establecida, contados desde o mes seguinte a causaren baixa comercial.
  3. Os adquirentes do negocio percibirán un pagamento único de dous mil euros, con independecia do número de establecementos que adquiran.

  • Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 1 de Setembro de 2014.

Quero asociarme

Campañas e Promocións Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarxeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Nueva Web

Cofinanciado por: Deputación de PontevedraXunta de Galicia