
28 mayo 2010
OBSETIVO/FINALIDADE:
O Programa Innoempresa establece medidas dirixidas a incrementar a capacidade innovadora das pequenas e medianas empresas como medio para aumentar a súa competitividade, contibuír ao crecemento sustentable e, na sua consecuencia , favorecer o emprego e a xeración de riqueza.
LIÑAS DE AXUDA
1. Novos modelos empresariais innovadores mediante a implantación de ferramentas de xestión avanzadas.
2. Realización de diagnósticos integrais de situación e elaboración e implantación de ferramentas de xestión avanzadas.
3. Deseño de novo producto.
4. Diagnósticos tecnolóxicos e plans de mellora tecnolóxica.
5. Proxectos de desenvolvemento tecnolóxico aplicado.
6. Implantación e certificación das normas UNE(proxectos de I+D+i) e UNE 166.002(sistemas de xestión da I+D+i)
7. Implantación e certificación de sistemas de xestión ambiental (Iso 14001), integrados de calidade e ambiente (ISO 14001+ISO 9001),EFQM e xestión da seguridade da infornmación.
8.Proxectos presentados por grupos de empresas cuxa actividade forma parte da cadea de valor global dun producto.
9.Identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións tecnicas e organizativas comúns e utilización de servizos avanzados compartidos por grupos de pemes.
Para máis información de cada unha das liñas en concreto, descargar material relacionado.