10 setembro 2010
« Voltar

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO USO DAS DEDUCIÓNS FISCAIS NA COTIZACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL.

16 xuño 2010

 Material Relacionado 

OBXECTO E RÉXIME DAS SUBVENCIÓNS:

1.obxecto das subvencións reguladas nestas bases é o fomentodo uso das bonificacióbs fiscais na cotización á seguridade socialpor activadades de I+D+I no ambito da comunidade aotónoma de Galicia.

2a.O procedemento destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
2b.A concesión destas axudas estará, en todo caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario, e, no caso de esgotamento do crédito, a Administración publicará a indicada circunstancia, o que levará consigo a non admisión das solicitudes posteriores, sen prexuízo de que a Administración poida optar por incrementar o crédito orzamentario nos seguintes supostos:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.


3. Estas axudas quedarán suxeitas ao réxime N 307/2009, aprobado pola Comisión o 8 de xuño de 2009, de conformidade co establecido no marco temporal comunitario aplicables ás medidas de axuda estatal para facilitar o acceso ao financiamento no actual contexto de crise económica e financeira, adoptado pola comunicación da Comisión do 17 de decembro de 2008, que ten como obxectivo conceder unha axuda temporal ás empresas afectadas por unha escaseza ou unha indispoñibilidade crediticia repentina a consecuencia da crise financeira e económica global.


4. Estas subvencións destinaranse a atender os gastos derivados das seguintes actividades:


Modalidade A.-Solicitude de informes motivados de carácter vinculante do Ministerio de Ciencia e Innovación, ou organismo adscrito a este, relativos ao cumprimento dos requisitos científicos e tecnolóxicos, para os efectos de cualificar as actividades como I+D+i e aplicar a dedución fiscal por actividades de investigación e desenvolvemento e innovación tecnolóxica, que incluirán un certificado de actividade de I+D+i emitido por unha entidade acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación (Enac) para a emisión destes certificados.



Modalidade B.-Realización de accións destinadas a adquirir a sistemática de uso das deducións fiscais por actividades de I+D+i e a capacidade de autoliquidación destas actividades.


Modalidade C.-Solicitude de informes motivados de carácter vinculante do Ministerio de Ciencia e Innovación, ou organismo adscrito a este, relativo ao cumprimento dos requisitos científicos e tecnolóxicos do persoal investigador, para os efectos de aplicar as correspondentes bonificacións na cotización á Seguridade Social. que incluirán un certificado de actividade de I+D+i emitido por unha entidade acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación (Enac) para a emisión destes certificados.
5. Consideraranse como gastos subvencionables os seguintes:

Modalidade A.-Aplicación das deducións fiscais por actividades de I+D+i.

A-1. Os gastos externos de consultoría necesarios para a certificación dos proxectos e solicitude de informes motivados, de ser o caso.


A-2. Os gastos da certificación emitida por unha entidade acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación (Enac) para a emisión destes certificados.


Modalidade B.-Accións destinadas a adquirir a sistemática de uso das deducións fiscais por actividades de I+D+i.


B-1. Os gastos externos de consultoría externa para a xestión da carteira de proxectos e da posible desgravación fiscal, de ser o caso.


B-2. Os gastos de persoal interno da empresa necesarios para o emprego as deducións fiscais (certificación de proxectos, solicitudes de informes motivados, etc.). Este persoal deberá ter relación laboral contractual coa empresa beneficiaria da subvención.


A imputación de gastos por estes dous conceptos é incompatible entre si.

Modalidade C.-Aplicación das bonificacións á Seguridade Social do persoal investigador en actividades de I+D+i.


C-1. Os gastos externos de consultoría necesarios para a certificación dos proxectos e solicitude de informes motivados, de ser o caso.


C-2. Os gastos da certificación emitida por unha entidade acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación (Enac) para a emisión destes certificados.


6. Con respecto aos gastos descritos no punto anterior, non serán subvencionables os seguintes:


-O imposto sobre o valor engadido (IVE), agás no caso de estar exento. Neste caso deberase presentar a documentación acreditativa desta exención.


-Os gastos de intermediación entre o solicitante de subvención e a consultora externa prestadora do servizo para o cal se solicita a subvención, é dicir, soamente se subvencionarán os gastos da entidade que realizou efectivamente a tramitación, e non os da que serviu de mero intermediario.


7. Estas subvencións terán unha única anualidade, por tanto só se admitirán aqueles gastos dos relacionados no número 5 que fosen realizados e pagados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2010 e a data de presentación da solicitude de subvención. O prazo límite para a presentación de solicitudes de subvención está regulado no artigo 2º.9 desta orde.

FINANCIAMENTO E CONCORRENCIA:

1. As subvencións imputaranse á aplicación orzamentaria que se indica neste artigo, na cal existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma galega para o ano 2010, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria.


Aplicación orzamentaria. 08.02.741A.771.0.

Crédito anualidade 2010: 300.000 €.

Crédito total desta orde: 300.000 €.

2. A axuda que se vai conceder asume a forma de subvención a fondo perdido e as porcentaxes de financiamento e as súas contías máximas serán as que se indican nos puntos 3 e 4 deste artigo, en función do tipo de solicitante, sempre que exista crédito.


3. Estas axudas terán que reunir os seguintes requisitos:

As axudas recibidas por unha mesma entidade non poden exceder 500.000 euros (todas as cifras utilizadas serán importes brutos, é dicir, antes de impostos ou doutras deducións), aínda que se computarán para a dita acumulación tamén as axudas recibidas por unha mesma entidade acollidas ao réxime de minimis, entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2010, e non poden as axudas acollidas ao marco ir destinadas aos mesmos custos subvencionables que as axudas mínimis recibidas.


4. As acntidades máximas de axuda que se poderán conceder ao abeiro desta orde de convocatoria, respecto do custo subvencionable, son as seguintes:


-Ata o 60%: se o solicitante é unha peme.

-Ata o 30%: se o solicitante é unha grande empresa.

5. Alén disto, establécense os seguintes límites do importe que se vai conceder:

-Modalidade A.-Accións necesarias para a solicitude de informes motivados para deducións fiscais: 4.000 € por proxecto.


-Modalidade B.-Actividades destinadas a adquirir a sistemática de uso das deducións fiscais por actividades de I+D+i: 12.000 € por entidade.


-Modalidade C.-Accións necesarias para a solicitude de informes motivados para as bonificacións na cotización á Seguridade Social: 3.000 € por entidade.


6. As axudas reguladas nesta orde serán incompatibles con calquera outra outorgada, para os mesmos gastos, por calquera Administración, organismo ou ente público ou privado.

BENEFICIARIOS:

1. Poderán ser beneficiarios as persoas físicas que actúan como empresarios individuais ou as persoas xurídicas con forma de sociedade privada validamente constituídas no momento de presentación da solicitude mediante escritura de constitución, se é o caso debidamente inscritas nos correspondentes rexistros oficiais, cando este requisito for exixible segundo a lexislación mercantil aplicable. Os beneficiarios destas subvencións deberán ter o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. Non terán a condición de beneficiarios as asociacións de empresas ou outras entidades sen ánimo de lucro.


2. Quedan excluídas/os da aplicación desta axuda as axudas á exportación, así como as axudas concedidas ás empresas do sector pesqueiro e ás empresas especializadas na produción agrícola primaria.


3. A axuda só poderá outorgarse a entidades que non estivesen en crise o 1 de xullo de 2008, segundo o disposto no punto 2.1 das directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas publicadas no Diario Oficial de la Unión Europea C 244/2, do 1 de outubro de 2004, ou segundo o disposto no número 7º do artigo 1 do Regulamento (CE) 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto (Regulamento xeral de exención por categorías).


4. Para os efectos do que prevé esta orde, considerarase pequena e mediana empresa (peme) aquela que se axuste ao disposto no anexo I do Regulamento (CE) 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto.


5. Establécense as seguintes incompatibilidades das axudas recollidas nesta convocatoria:


-Modalidade A.-É compatible soamente coa modalidade B.

-Modalidade B.-É compatible coas modalidades A e C.

-Modalidade C.-É compatible soamente coa modalidade B.


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 13 de novembro de 2010, agás que se produzca o suposto de esgotamento de crédito previsto no artigo 2º das bases reguladoras. Neste caso informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web da dirección xeral de I+D+i (htttp://economiaeindustria.es/dxidi) e do Servicio Galego de Propiedade Industrial e Innovación Empresarial (http://segapi.org) e no Diario Oficial de Galicia.

PRAZO DE DURACIÓN DO PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN:

Unha vez presentadas as solcitudes por parte dos interesados, estas serán tramitadas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a nove meses.







Quero asociarme

Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarjeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Cofinanciado por: Deputación de Pontevedra