6 setembro 2010
« Voltar

NOVAS SUBVENCIÓNS DENTRO DO PLAN ÁGORA, AGORA RE-COMERCIA.

23 xuño 2010

 Material Relacionado 

Bases reguladoras para a concesión en rexime de concorrencia competitiva, de subvencións para o fomento da creación e expansióm de cadeas sucursalistas, medidas ambientais e mellora da imaxe do establecementos comerciais, en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia.

OBXECTO E RÉXIME DA SUBVENCIÓN:

A subvención regulada por estas bases ten por obxecto a mellora da competividade do comercio galego, a través de actuacións encamiñadas á adecuación física das instalacións e locais comerciais , a mellora da sua imaxe comercial, e medidas para potenciar a creación, implantación e cadeas sucursalistas, e do comercio retallista do textil, calzado e xoiarías, nos conxuntos históricos das vilas e cidades.
O procedemento de concesión desta subvención tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, e quedará suxeito ao réxime de axudas minimis.
Consideranse gastos subvencionables:
1. Reforma ou ampliación do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 300 m2, mellora de illamentos e equipamentos e intalacións de aforro de enerxía e auga.
2. Medidas orientadas á mellora da imaxe dos establecementos comerciais, que afecte os puntos de venda:
a) A contratación de servicios exteriores de escaparatismo.
b) Instalacións de letreiros luminosos e rotulos exteriores.
c) Adquisición de moblaxe, elementos de decoración e calquer outro tipo de equipamento comercial, con exclusión do equipo informático.
3. A creación, implantación e expansión de cadeas sucursalistas do comercio retallista, así como de establecementos comerciais do textil, calzado e xoiarías, en locais desocupados de conxuntos históricos de poboacións que estivesen declarados e inscritos no Rexisto de Bens de Interese Cultural de Galicia.
4. Quedan expresalmente excluidos do ámbito de aplicación destas bases os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.

FINANCIAMENTO E CONCORRENCIA:

1.As subvencións que se establezan para as actuacións obxecto desta orde serán con cargo á aplicación orzamentaria 08.03.751A 770.1. Renovación e fomento da calidade no comercio retallista, cun importe máximo de 1.850.000euros para o ano 2010.
2. Investimentos máximos subvencionables e contía das subvencións:
a) Para as actuacións relativas á reforma ou ampliación do local comercial, o investimento máximo subvencionable será de 20.00euros, IVE excluído. A porcentaxe de subvención será do 70% do investimento subvencionable.
b) Para as actuacións relativas ás medidas de mellora da imaxe comercial, o investimento máximo será de 12.00euros, IVE excluído. A porcentaxe de subvención será do 50% do investimento subvencionable.
c) Para as actuacións relativas aá creación , implantación e expansión de cadeas sucursalistas, o investimento será de 20.00euros, IVE excluído. A porcentaxe de subvención será do 50% do investimento subvencionable.
3. O importe da subvención regulada nesta ordeen ningún caso poderá poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o 100% do investimento subvenciomable.
4. As subevncións previstas nesta orde será incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería para os mesos conceptos subvecionables.

BENEFICIARIOS:

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións das actuacións subvencionables sinaladas no artigo 1.3º puntos 1º) e 2º), sen persuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constuídas, que cumpran os seguintes requisitos:
- Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, asi mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na ditacomunidade autónoma.
- Que, tendo a condicón de peme conforme o establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003, empregue menos de 20 traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
- Que a súa actividade principal se corresponda coas actividades do CNAE-2009 aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril, que se relacionan no anexo VII. No caso de estar dado de alta en duas ou máis activadades do CNAE, entederase como actividade principal aquela que comporte maior facturación e, se non é posibledeterminalo, , atenderase á superficie de venda destinada a cada actividade.
2. Poderán ser beneficiarios dassubvencións das actuacións subvencionables sinaladas no artigo 1.3º apartado 3º, sen perxuízo de reunir os demais requisitos estabecidos nestas bases:
A)Os comerciantes retallistas, que sexan persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens o calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, que reúnan os seguintes requisitos:
-Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, asi mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na ditacomunidade autónoma.
-Que, tendo a condicón de peme conforme o establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003, empregue menos de 20 traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
-Que a sú aprincipal actividade se corresonda coas do CNAE-2009 aprobada polo Real decreto 475/2007, que se relacionan no anexo VII, códigos 4771 comercio polo miudo de vestir en establecimientos especializados, 4772 comercio polo miudo de calzados e artigos de coiro en establecimientos especializados e 4777 comercio polo miúdo de artigos de reloxaría a xoiaría en establecementos especializados.No caso de estar dado de alta en duas ou máis activadades do CNAE, entederase como actividade principal aquela que comporte maior facturación e, se non é posibledeterminalo, , atenderase á superficie de venda destinada a cada actividade.
- De que se instalen en locais idesocupados de conxuntos históricos de pobacións de Galicia.
B) As cadeas surcusalistas de comercio retallisa que reúnan os seguintes requisitos.

-Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, asi mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na ditacomunidade autónoma.
Que a súa actividade principal se corresponda coas actividades do CNAE-2009 aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril, que se relacionan no anexo VII. No caso de estar dado de alta en duas ou máis activadades do CNAE, entederase como actividade principal aquela que comporte maior facturación e, se non é posibledeterminalo, , atenderase á superficie de venda destinada a cada actividade.
- Que se instalen en locais desocupados de conxuntos históricos de pobacións de Galicia.
PRAZO DE ENTREGA DE SOLICITUDES:
Orazo de entrga de solicitudes será de un mes contado a partir de día seguinte ao da publiación desta orde no Diario Oficial de Galicia.







Quero asociarme

Redondela. Centro Comercial Aberto Mercados de Redondela Tarjeta Comercio Redondela

ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
R/ José Regojo, 2 - 1ºB  36800 Redondela, Pontevedra (España)  Telf: 986 404012   aer@empresasredondela.com

Cofinanciado por: Deputación de Pontevedra